II Premios #MaríaLuzMorales | Falamos con… Fernando Redondo (Ames, 1971) que gañou o premio ao mellor Ensaio Escrito Audiovisual Internacional con 'Latexos de Saudade no Cinema'. No traballo propón unha análise de senllos filmes moi diferentes entre si, 'Dublineses' (John Huston, 1987) e 'A cidade das estrelas. La La Land' (Damien Chazelle, 2016), pero que comparten unha mesma expresión cinematográfica da saudade. ➡ Podedes ler a peza aquí: https://bit.ly/2MzbtaX[📽 Chiripa] Posted by Academia Galega do Audiovisual on Monday, August 27, 2018 __________________________________________________________________ Latexos de saudade no cinema Un filme musical de Hollywood de 2016, de amplo recoñecemento público, -- que reclamaba do interlocutor de tal relato reflexións, tamén, de morte, acompañado todo dunha lúcida consciencia do tempo que pasa. De que nos están a falar ambas as dúas secuencias? É quizais a saudade o que une os finais de senllos relatos fílmicos que rematan con esta última invocación a un sentimento de perda, de ausencia, de baleiro? Para sabermos de que falamos cando falamos de saudade, cómpre ir case de maneira obrigada ao que deixou escrito Ramón Piñeiro: “Un eco de algo, sentimento sen obxecto, o puro decorrer espontáneo do sentimento ceibe de toda relación co pensamento e a vontade” (1). O cerco conceptual, tratando de acoutar ata onde chega o despregue semántico da saudade, vai parar finalmente aquí: “É o sentimento de soidade ontolóxica do home, a voz da intimidade humana” (2). Ao seu carón van comparecendo sentimentos afíns, como os da morriña, a melancolía, a añoranza ou a soidade. A nota máis constante da saudade será, ao cabo, a relacionada co amor e coa ausencia. Será, daquela, a saudade a conciencia doorosa dunha vida que se desexou vivir? Dúas películas tan distintas entre si como as mencionadas tratan disto, e disto vai a -- Se seguimos o fío do pensamento do que vai tirando Piñeiro, atopamos nalgún tramo a figura de Teixeira de Pascoaes, E de aquí xorde necesariamente o alento poético que desprende o sentimento da saudade, da que interesa suliñar o que el chama “índole musical do Ser”, e que tan certeiramente ven exposto na obra de Rosalía de Castro, ben -- posible, xa que logo, ir alén do que a percepción primeira do real nos dá a saber. Cabería dicir algo semellante do cinema, para xunguilo así a esa cadea na que se xuntan a saudade, a poesía, a música e o coñecemento? Non o menciona Pascoaes, mais atendamos ao seguinte: “O son é luz ouvida, como a luz é son visível; (…) E há apenas luz e son, -- corazón”, que cando o arrincou “soupén só que non sei que me faltaba/ en donde o cravo faltou/ e seica… seica tiven soidades”. Este mesmo cravo da saudade vaino empregar Antonio Machado naquel poema que comeza co “Yo voy soñando caminos/de la tarde (…)”, onde a tarde ven cargada con esa significación tan característica do solpor como punto final de -- lembra dos mortos,/si inda non poden recordarse os vivos?” (7). Emerxe aquí a saudade por un amor que non puido ser e que se traslada ao espectador a través do relato de Gretta, prescindindo dun posible flashback co que ben se puido pór en imaxes e que, ao cabo, se queda na -- reflexión de Gabriel, a quen escoitamos ao tempo que vemos o froito do seu pensamento. Aínda que non o sabía ata este momento, tamén el acubilla na súa alma unha forma posible de saudade, a de non ter vivido nin experimentado nin sentido esa ferida que xa acompaña para sempre á súa compañeira, por moito que se mantivera adurmiñada á espera de que unha simple canción a espertara de novo. Gabriel acaba descubríndose a si mesmo como preso desta saudade que a súa muller lle pón diante dos ollos, se é permitida tal redundancia, pois vaise manifestar a través dunha serie de visións que achegan a -- mundo es movilizada por la conciencia melancólica de Conroy (…)” (8). Teixeira de Pascoaes aseguraba que a Saudade era Atlántica, non Mediterránea, pensando, sen dúbida, na tradición cultural greco-latina da que buscaba diferenciarse, mais tamén afirmaba a súa universalidade, -- aboiando no ar o desenlace deste filme, como acontecía en Dublineses. Porén, a diferencia do título de Huston, o de Chazelle si pón en imaxes o que naquel era só relato oral: a saudade dunha vida que non puido ser. En todo o demais, hai semellanzas ben evidentes. De primeiras, a música como dinamizadora de emocións que, para o caso, deveñen en -- derivarse a melancolía, estado de tristura que se fai acompañar dunha compoñente de reflexión (que, á súa vez, tamén precisa dunha certa distancia emocional) e que, ao cabo, ven a parar á saudade, esa sorte de felicidade perdida que aínda alenta no interior de quen a sente. -- movéndose por escenarios igualmente ateigados de brillo e luminosidade. Xa que nos vimos movendo no terreo do romanticismo literario, e no dos sentimentos de melancolía e saudade, tristura e pesar fondo e lúcido do propio existir, neste segmento de La La Land, o que se pón en imaxes é, certamente, un romanticismo bastante estereotipado, aquel que deriva -- familiar, sendo neste caso, máis ben, unha memoria inventada, imaxinada, desexada e que conduce, á súa vez, a unha melancólica saudade. Desta particular modalidade fílmica, o cinema familiar, pode asegurarse -- pois permítenlle construírse esta materialización visual dunha experiencia inexistente, esta distancia reflexiva da que se provee tamén a saudade, que non se limita a un estéril sentimento de señardade. Sentada naquel club de jazz, a protagonista está asistindo á película da súa vida, a que ela mesma conforma na súa imaxinación -- Notas 1. Ramón Piñeiro (2001). Filosofía da Saudade. A Coruña: La Voz de Galicia/Galaxia. P. 36. 2. Ibídem. P. 42. 3. Teixeira de Pascoaes (1988), A saudade e o saudosismo(dispersos e opúsculos). Lisboa: Assirio & Alvim. P. 236. 4. Ibídem. P. 244.